Cociñamos cando pides Na túa casa en máx. 96h Envío gratis desde 60€

Cociñado hoxe, na túa mesa en días

Pratos caseiros listos para quentar

Callos, cocotonas, carrilleiras, caldo e empanadas cociñados baixo pedido e enviados en frío. Quéntalos, sírvelos, e sabe a que os cociñaches ti.

Ver os pratos refrixerados
Pratos caseiros listos
Cociñado baixo pedido, sen conservantes de fábrica
Baixo pedido, sen stock Comezamos a cociñar cando compras.
En frío, máx. 96h A cadea de frío chega ata a túa porta.
Envío gratis desde 60€ Enche a despensa coma na casa.

Pratos caseiros listos para quentar

Quentar e servir, sen perder o sabor de casa

Cada prato chega xa cociñado e refrixerado: só tes que quentalo. Nada de sobres nin bandexas de fábrica — son as receitas de sempre, cociñadas a lume lento pola familia.

Vexetal · Refrixerado Nº 01

Culler · 2 racións

Callos vexetais

Melosos, especiados e con todo o sabor do guiso de domingo.

Receita do Avó Paquito
€9,50
Refrixerado Nº 02

Guiso · 2 racións

Cocotonas

As albóndegas da casa, xugosas e con salsa para mollar pan.

Receita de toda a familia
€12,00
Refrixerado Nº 03

Lume lento · 2 racións

Carrilleiras da Avoa Espe

Horas de chup-chup ata que a carne se desfai co garfo.

Receita da Avoa Espe
€15,90
Refrixerado Nº 04

Caldo · 3 racións

Caldo do Avó Paquito

Verdura, legume e paciencia. O caldo que arranxa un día gris.

Receita do Avó Paquito
€10,50
Refrixerado Nº 05

Forno · 4 racións

Empanada de atún

Masa fina, bo sofrito e o punto exacto de forno.

Feita pola nosa panificadora veciña
€14,50
Refrixerado Nº 06

Millo · 4 racións

Empanada de millo con berberechos

Masa de millo e sabor a ría, como mandan as casas de costa.

Feita pola nosa panificadora veciña
€16,00

Comer caseiro sen cociñar

O guiso da túa avoa, sen acender o lume

Sabemos o que custa atopar tempo para cociñar un guiso de culler entre semana. Por iso cociñamos nós: os mesmos pratos, a mesma cocción lenta, o mesmo punto de sal que tería a comida dunha casa galega — e envíamosche xa listos para quentar.

Cada envase indica a súa conservación e o seu consumo preferente, e moitos pódense conxelar nada máis recibilos se non os vas comer decontado.

Ver conservas de longa duración

O que adoita preguntarse

Antes de poñer a mesa

Se che queda algunha dúbida, escríbenos. Ao outro lado contesta unha persoa da familia.

Como chega o pedido en frío?

Preparamos a túa caixa con embalaxe isotérmico e acumuladores de frío. O transporte mantén a temperatura controlada desde a nosa cociña ata a túa porta.

Canto duran os pratos?

Cada envase indica a súa data de consumo preferente e conservación. Os refrixerados adoitan durar varios días en neveira e moitos pódense conxelar ao recibilos.

A que zonas enviades?

Enviamos a toda a península. Para illas e outros destinos, consúltanos antes de mercar e veremos contigo a mellor opción.

Como funciona iso de cociñar baixo pedido?

Non acumulamos pratos nun almacén. Cando confirmas a túa compra, organizamos a cociña, preparamos as túas receitas e envámolas para que cheguen nun máximo de 96 horas.