Feito en Galicia · Cociñado baixo pedido
Comida caseira galega a domicilio
Guisos, caldos, conservas e empanadas cociñados por unha familia real de Galicia e enviados en frío a toda España peninsular nun máximo de 96 horas.
Ver a carta completa
Comida caseira galega a domicilio
Toda a carta, na túa porta en 96h
Desde callos e caldo galego ata empanadas e conservas: cada prato desta carta cociñase cando o pides e chega a calquera punto da España peninsular en frío.
Lume lento · 2 racións
Carrilleiras da Avoa Espe
Horas de chup-chup ata que a carne se desfai co garfo.
Caldo · 3 racións
Caldo do Avó Paquito
Verdura, legume e paciencia. O caldo que arranxa un día gris.
Ría · Escabeche
Mexillóns en escabeche da Avoa Chon
Carnosos, limpos a man e bañados nun escabeche de casa.
Millo · 4 racións
Empanada de millo con berberechos
Masa de millo e sabor a ría, como mandan as casas de costa.
Por que Avó Paquito
Comida a domicilio, pero das de casa
Non somos unha fábrica de pratos preparados. Somos o Avó Paquito, a Avoa Chon e a Avoa Espe cociñando o mesmo que cociñarían para a súa propia familia, nas cantidades que pides e no momento en que o pides.
Nada de stock nun almacén: cada pedido prepárase desde cero, enfríase e envíase nunha caixa isotérmica para que chegue coma recén feito, nun máximo de 96 horas a calquera punto da España peninsular.
O que adoita preguntarse
Antes de poñer a mesa
Se che queda algunha dúbida, escríbenos. Ao outro lado contesta unha persoa da familia.
Como chega o pedido en frío?
Preparamos a túa caixa con embalaxe isotérmico e acumuladores de frío. O transporte mantén a temperatura controlada desde a nosa cociña ata a túa porta.
Canto duran os pratos?
Cada envase indica a súa data de consumo preferente e conservación. Os refrixerados adoitan durar varios días en neveira e moitos pódense conxelar ao recibilos.
A que zonas enviades?
Enviamos a toda a península. Para illas e outros destinos, consúltanos antes de mercar e veremos contigo a mellor opción.
Como funciona iso de cociñar baixo pedido?
Non acumulamos pratos nun almacén. Cando confirmas a túa compra, organizamos a cociña, preparamos as túas receitas e envámolas para que cheguen nun máximo de 96 horas.